O Concello da Pobra organiza unha andaina cultural polo Día Internacional dos Monumentos e Sitios

12 Abril 2023

A Pobra do Caramiñal apostou novamente polo formato da andaina comentada para conmemorar, este ano, o Día Internacional dos Monumentos e Sitios. A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, explicou que se realiza esta acción polo segundo ano consecutivo coa finalidade de divulgar o patrimonio local e redescubrir espazos relacionados co legado valleinclaniano.

A actividade desenvolverase no 16 de abril, se ben a dita xornada se conmemora no día 18, para así facilita-la participación por ser un domingo.

O itinerario guiado polo director do Museo Valle-Inclán, Antonio González, partirá ás 11.30 horas do núcleo histórico do Xobre para, posteriormente, dirixirse ao barrio dos Cataláns, seguir ata a Torre de Bermúdez e finalizar no núcleo histórico da Pobra do Deán, cunha visita ao Pazo do Couto.

As inscricións son de balde e débense formalizar no teléfono de contacto 981831662 ou na propia institución museística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.