Activado o protocolo de protección dunha muller na Pobra nunha actuación coordinada entre a Policía Local e a Garda Civil de Boiro

29 Novembro 2026

Este domingo, a Policía Local da Pobra do Caramiñal interveu tras recibir unha comunicación do servizo de emerxencias 112 na que se alertaba dun posible episodio de violencia contra unha muller no municipio.

Unha vez no lugar, os axentes recolleron o testemuño dunha persoa que presenciara os feitos e que alertou de ameazas, berros e golpes contra obxectos no interior dunha vivenda.

Durante a intervención, os efectivos policiais localizaron a muller, que presentaba un elevado estado de nerviosismo e manifestaba temor cara ao seu presunto agresor. Así mesmo, referiu dores na zona costal e relatou un episodio anterior de violencia física.

En vista das circunstancias observadas e das declaracións recollidas, activouse o Protocolo Cero, coa colaboración de varias patrullas da Garda Civil de Boiro, que se desprazaron ata o lugar e participaron nas actuacións.

Establecéronse tamén medidas preventivas de vixilancia e protección nas inmediacións co obxectivo de preservar a seguridade da muller.

Por outra banda, avisouse a familiares da vítima, que acudiron ao lugar para facerse cargo do seu traslado.

Das dilixencias correspondentes faise cargo a Garda Civil de Boiro, cuxa tramitación e seguimento recaen especialmente no seu equipo especializado VioGén, encargado das actuacións relacionadas coa protección e o seguimento das vítimas de violencia de xénero.

Esta intervención pon de manifesto a importancia da coordinación entre ambos os corpos policiais, así como da rápida activación dos protocolos de protección ante posibles situacións de violencia contra as mulleres.

Outros artigos

O Concello de Dodro convoca o Concilia Nadal 2026-2027

Dentro do programa municipal Corresponsables, o Concello de Dodro convocou a nova edición (a correspondente a 2026-2027) do Concilia Nadal, unha actividade de conciliación para cativos de 3 a 12 anos empadroados no concello de Dodro que busca facilitar a harmonía...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Crónicas ribeirenses: O Panesillo” – Antón Luaces

“Crónicas ribeirenses: O Panesillo” – Antón Luaces

Pasado Fontán (xa nas aforas de Ribeira, camiño de Castiñeiras) hai unha rocha que sempre chamou a miña atención e da que nunca souben se partira por algún fenómeno natural ou rompera por algunha circunstancia allea. Falo da popularmente pedra coñecida polo nome de "O...

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...