A Corporación da Pobra do Caramiñal celebra este xoves 13 de abril o a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de marzo. Comezará ás 20.30 horas no salón de plenos da Casa Consistorial e poderase seguir en directo, como de costume, a través da canle en Youtube municipal. A orde do día inclúe, entre outros puntos a tratar, unha moción do BNG destinada a impulsar medidas para “blindar, garantir e defender os dereitos das mulleres así como promover a igualdade real entre mulleres e homes en Galiza”. Tamén se tratará outra proposta do BNG relativa ao POEM (Plan de Ordenación do Espazo Marítimo), unha do PP sobre a xestión das obras e investimentos aprobados e non realizadas, e outras dúas máis do PP relativas a irregularidades laborais e á situación da Capitanía Marítima. Tamén figura unha proposta da alcaldía para o cambio da denominación da rúa 2 da Ribeiriña.
CONGALSA reforzará en Conxemar o seu compromiso coa innovación e a versatilidade
A compañía da nosa comarca CONGALSA anunciou hoxe que vai aproveitar á a súa presenza no prestixioso salón feiral Conxemar 2026 para dar a coñecer a súa nova campaña, O mellor está por servir, unha iniciativa innovadora que reflicte o compromiso da firma da Pobra coa...



