Boiro rende homenaxe a Ramón Martinez López no aniversario do seu nacemento

05 Abril 2023

O salón de plenos da Casa Consistorial de Boiro acolleu este martes 4 de abril, data do aniversario do nacemento de Ramón Martínez López, un acto en homenaxe á súa figura. Na xornada participaron o alcalde José Ramón Romero, a concelleira de Memoria Histórica, Dores Torrado; a presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada; e o biógrafo de Martínez López, Amancio Liñares, entre outros representantes da cultura e da política. “Ramón Martínez López foi un referente do galeguismo e un boirense que debe ser recordado e homenaxeado”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero, durante o acto en recoñecemento no que tamén participou a filla de Martínez López, Maribel Martínez.

Este acto en homenaxe forma parte dos actos que o Concello de Boiro leva a cabo neste ano para a conmemorar o centenario do Seminario de Estudos Galegos.

Ademais, durante o desenvolvemento do acto descubriuse unha placa no lugar no que naceu Ramón Martínez López, na zona de Cimadevila, no marco dun programa de actividades que se desenvolveron para poñer en valor o barrio. “Boiro ten memoria, ten historia e ten a Ramón Martínez López”, afirmou a concelleira de Memoria Histórica, Dores Torrado.

O acto contou coa intervención de Amancio Liñares, que evocou a figura de Martínez López, facendo especial fincapé na súa traxectoria a prol da cultura galega e, especialmente, a súa vinculación con Boiro. A xornada continuou cunha visita teatralizada realizada polos Quinquilláns ata a zona de Cimadevila onde finalmente se descubriu o panel en homenaxe a Ramón Martínez López no lugar no que naceu.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.