A mostra sobre o mundo persoal de Valle-Inclán que acubilla o Colexio de Fonseca pode verse até este sábado 1

30 Marzo 2023

A Universidade de Santiago organiza estes días unha homenaxe expositiva a Ramón María del Valle-Inclán, poñendo o foco no seu mundo persoal e achegando unha visión a boa parte do patrimonio artístico que albergaba no seu domicilio, situado no número 5 da madrileña rúa Francisco de Rojas. A mostra Valle-Inclán íntimo, materializada coas coleccións particulares dos irmáns Valle-Inclán Alsina (Fernando, Miguel e Javier) pode verse no Colexio de Fonseca ata o 1 de abril.

Obra pictórica, escultórica, debuxos, caricaturas, retratos de sinaturas coñecidas así como outros obxectos persoais, pero tamén mobiliario, son algúns dos elementos que integran a mostra. A directora da Cátedra institucional da USC que leva o nome do autor e comisaria da exposición, Margarita Santos Zas, salientou estes días a gran acollida que tivo a iniciativa dende a súa apertura ao público a comezos de febreiro. Santos Zas comparte o comisariado con Javier del Valle-Inclán Alsina e José Manuel López Vázquez.

Todos os materiais expostos seguen unha pauta organizativa de carácter estético, que se plasma na súa disposición no salón Artesoado, a Capela e a Sancristía do Colexio de Fonseca. As cinco seccións que conforman a mostra  establecen un diálogo con materiais documentais asociados ao escritor: as súas entrevistas, conferencias, cartas, fotografías, textos das súas obras orixinais, ou manuscritos do seu puño e letra, entre outros. 

Organizada pola Cátedra Valle-Inclán, a mostra conta coa colaboración do Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC e o apoio da Deputación da Coruña, o xornal La Voz de Galicia e a Xunta de Galicia. O horario de apertura esténdese das 11.00 ás 14.00 horas e das 17.00 ás 20.30 horas de luns a sábado.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.