Esta semana comezan os traballos de roza e limpeza nas estradas autonómicas de Muros e Noia

12 Marzo 2023

A Xunta iniciará esta semana traballos de roza e limpeza nas marxes da estradas autonómicas ao paso polos concellos de Noia, Muros, Santa Comba e Barbadás.
Os novos traballos desenvolveranse na estrada AC-550, nos municipios de Muros e de Noia; nas glorietas da AC-406, en Santa Comba; e na OU-540, en Barbadás.
Na provincia da Coruña, proseguirán estas intervencións na autovía AG-59, no concello de Teo.
Na provincia de Ourense, continuarán as tarefas de limpeza xa iniciadas na estrada OU- 801, nos concellos de Padrenda e de Ribadavia; ou na OU-531, ao paso dos municipios de Xinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Celanova ou Cortegada.
Na provincia de Lugo seguirán os traballos na vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte de Lemos e o Alto do Faro.
E na de Pontevedra seguirán as tarefas iniciadas nas vías de altas prestacións VG-4.5, en Moaña e Cangas.
Control de biomasa e seguridade viaria
Estas actuacións, impulsadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, enmárcanse no contrato coa empresa pública Seaga, cun investimento de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas.
As novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.
Como novidade, prevese a reposición de 7.500 metros de valado en vías de alta capacidade que se poida danar nos labores de despexe ou roza. A reposición realizarase con valado reforzado para aumentar a protección da estrada fronte á entrada de animais. Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 a Xunta ten investido 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.