A inauguración da mostra Gravados ao linóleo de Pablo Picasso prevista para este 9 de marzo ás 19.30 horas no Museo do Gravado de Artes foi adiada para máis adiante. A data concreta da apertura da mostra será comunicada en breve pola dirección do museo ribeirense, que lamenta as molestias que puidera ter causado co troco de data.

A mostra Picasso. Gravados ao linóleo fará un achegamento pormenorizado a unha das técnicas favoritas do pintor malagueño, o linogravado, na que traballou profusamente a cabalo entre a década dos cincuenta e a dos sesenta do século pasados.
A inauguración ía contar coa presenza do director do Museo do Gravado, Xoán Pastor Rodríguez, o presidente da Fundación Museo de Artes do Gravado, Alberto Expósito, o historiador e crítico de arte Carlos L. Bernárdez, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, o presidente da Fundación Museo de Artes do Gravado (FMAG) e alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz.



