Un home tivo que ser excarcerado despois de colidir dous coches en Rois

06 Marzo 2023
Helico de Santiago

Un dos implicados no accidente contactou co 112 Galicia para dar conta dos feitos, que se produciron no punto quilométrico 15 da AC-543, na parroquia de Urdilde. Segundo indicaba o alertador, batera contra outro coche e, por mor do impacto, o condutor deste vehículo quedara atrapado no interior.

Acto seguido, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Padrón, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Rois, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.

Logo de ser excarcerado polos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Boiro e os efectivos do GES de Padrón, o ferido foi evacuado, consciente, nunha ambulancia.

O 112 Galicia recibiu o aviso deste sinistro ao fío das 17:00 horas.

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro interviu xunto GES de Padrón, PC Rois, 061, H3 e Garda Civil en accidente con atrapados no lugar de Urdilde no Concello de Rois.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.