“U-lo consenso Goberno. Xunta e sector pesqueiro galego na eólica mariña?”. Antón Luaces

06 Marzo 2023

Por máis voltas que se lle da ao asunto, en absoluto se clarifica o papel do Ministerio  para a Transición Ecolóxica en materia tan sensible para o sector pesqueiro galego como é a eólica mariña. E, desbotado xa que exista un “consenso” do Goberno con este sector, queda por coñecer a fondo en que augas navega a Xunta nesa materia e cal é ou pode ser a decisión as respecto da Comisión Europea.

Porque, mentras os paìses membros da ONU acadan -após moitos anos de debate- un cualificado de “histórico” acordo para establecer un tratado que acubille as zonas mariñas protexidas que expertos e organizacións ecoloxistas consideran “vital” para salvar os océanos (o que debe facilitar  que se cumpra a promesa internacional de salvagardar ao menos o 30% dos océanos para o ano 2030) e a Comisión Europea ignore que o equilibrio social e económico da actividade pesqueira son complementarios co equilibrio ambiental co que se debe exercer esta actividade para garantir a sustentabilidade e resiliencia do sector, a Política Pesqueira Común, e con ela o Goberno español, a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Eclóxica, Teresa Ribera, referíuse en Ferrol a pasada fin de semana aos Plans de Ordenación  do Espazo Maríño (POEM) para salientar que estes ofrecen unha visión “garantista” tanto para usos tradicionais como para novas actividades e que, grazas a eses plans “os pescadores saben que non se pode desenvolver enerxía eólica fora deses polígonos”, o que, ao seu xuizo, “é unha garantía moi importante”.

O impacto que os polígonos da eólica mariña pode ter sobre a pesca é do máis estudado e, polo tanto, constátase “que non se pode demostrar ningún efecto negativo, aínda que esto non signifique que nos poidamos descoidar”, dixo a ministra.

Pola súa banda Xunta pide coñecer os argumentos técnicos da devandita ordenación. O conselleiro de Economía, Francisco Conde, solicitou á ministra Teresa Ribera que o seu departamento traslade ao Observatorio da Eólica Mariña os argumentos técnicos conducentes á ordenación  dos espazos marítimos, como se tomaron as decisións e como se pode consensuar co sector e a Xunta todos os elementos que deben levar a que a eólica mariña  sexa compatible co sector pesqueiro, polo que a Xunta trasladou ao Goberno a súa disposición para garantir que, efectivamente, “todos os traballos vaian orientados a que este desenvolvemento sexa compatible e poda convivir co sector pesqueiro”.

U-lo consenso, xa que logo?- Non dicían uns e outros que os POEM estaban consensuados polo Goberno, a Xunta e o sector da pesca?.

Alguén falou de máis. Seguramente.

Outros artigos

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

+

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...