A Pobra acollerá sesións de baile nas tardes do segundo domingo de cada mes

06 Marzo 2023

O Centro Sociocomunitario e de Benestar da Pobra do Caramiñal volve ser escenario dunha nova actividade titulada Tardes de baile. Trátase dunha serie de sesións que se desenvolverán no segundo domingo de cada mes ata xuño, en horario de 20.00 a 22.30 horas, con distintas opcións musicais. De feito, o primeiro baile terá lugar no 12 de marzo con Mar Davila. No que respecta ao mes de abril, ao ser festivo, trasladarase para o día 16.

O Concello explicou que con esta iniciativa increméntase a oferta de disciplinas dándolles resposta ás demandas das persoas asistentes ao programa de envellecemento activo.

A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG) indicou na presentación desta actividade que “a música é curadora”, polo cal se lanza este novo programa que, se ben está especialmente pensado para as persoas maiores, “quere servir tamén como un punto de encontro interxeracional de toda a comarca ao tempo que se dinamiza a vila aos domingos”. Sinalou, ademais, que se valorará ampliar as sesións ata finais de ano segundo a resposta da xente.

O director do referido centro, Ricardo Lago, explica que se recupera unha proposta lúdica co ánimo de que acade o éxito de anos atrás. Expón que se trata dunha “actividade completísima” e destaca os seus beneficios ao potencia-la memoria, o estado físico, a autoestima ou as relacións sociais.

Non se require a inscrición previa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.