Declaración Institucional pasamento don Francisco López Silva, ex-alcalde de Boiro

26 Febreiro 2023

Pleno extraordinario e urxente o 26 de febreiro de 2023

Con motivo do falecemento, no día de onte, 25 de febreiro de 2023, de quen foi veciño e alcalde de Boiro, Don Francisco López Silva, reúnese a corporación municipal como mostra de condolencia, recoñecemento e respecto a familiares e amigos. Co mesmo motivo, decretouse loito oficial entre as 00.00 horas deste domingo 26 de febreiro e ata as 24h do vindeiro día 28, durante o cal as bandeiras ondearán a media hasta.

Foi o primeiro alcalde de Boiro da democracia ao amparo da Constitución Española de 1978.

Francisco López Silva destacou tamén pola súa faceta como empresario, sendo un pioneiro no sector mexilloeiro. Como alcalde e como empresario, contribuíu moi activamente ao desenvolvemento
social e económico de Boiro. A corporación municipal lamenta o seu pasamento, que
deixa un gran pesar no pobo. O seu recordo quedará para sempre na memoria dos
boirenses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.