Remata a renovación da pavimentación, pluviais e saneamento nas rúas Chaprado e Ceboleira de Corrubedo

01 Febreiro 2023
Rúa Chaprado Corrubedo. Foto C.R.

O Concello de Ribeira informa do remate da actuación dirixida á renovación da pavimentación e a dotación dos servizos municipais de pluviais e saneamento nas rúas Chaprado e Ceboleira, ambas localizadas na parroquias de Corrubedo.
Antes das obras, ambas vías carecían de servizos de saneamento nin rede de pluviais.
Na rúa Chaprado instalouse un colector de PVC corrugado polo centro da calzada para a canalización de pluviais e un colector de PVC liso para o saneamento. Ademais, aplicouse un pavimento de formigón intercalado con franxas de lousas de granito.
No que respecta á rúa Ceboleira, dispúxose tamén un colector de PVC corrugado e outro de PVC liso, e no que se refire ao pavimento estendeuse unha solución de formigón.
A obra foi executada pola empresa Mantido S.L. e comportou unha inversión de 88.044,13 euros, IVE incluído.
A actuación está enmarcada no o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal POS+2021 aprobado pola Deputación.

Rua Ceboleira Corrubedo Foto C.R.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...