O BNG esixe abrir as zonas de extracción de mexilla anunciadas pola Consellería do Mar

01 Febreiro 2023

O Bloque Nacionalista Galego rexistrou novas iniciativas parlamentares relacionadas coa mexilla e co conflito entre o sector mexilloeiro e bateeiro. Fíxoo, explica a agrupación, “ante a imaxe que se pode ver estes días na costa galega con centos de persoas amoreadas nas pedras para poder extraer algo de mexilla, un recurso imprescindíbel para a subsistencia dun sector puxante en Galiza”.

Desde o BNG cargan contra a Consellaría do Mar porque “lonxe de solucionar o problema, provocou enfrontamentos entre sectores do mar ao actuar unilateralmente”. E engaden: “Esta cuestión derivou na situación na que a extracción de semente de mexillón en bancos naturais, actividade que durante décadas veu realizándose con normalidade, converteuse nunha auténtica peripecia”.

Ramón Abuín, Rosana Pérez, Adolfo Muíños, Raquel Suárez e Luís Pérez

Segundo a deputada Rosana Pérez Fernández, o Goberno galego “é o culpábel de xerar un conflito sen precedentes entre sectores do mar xa que o decreto de conservación e explotación dos recursos marisqueiros permite que os plans de xestión de percebe poden reservar zonas para a extracción de semente de mexillón”.

Pérez Fernández esgrime que “en 2021 a Consellaría do Mar publicou unilateralmente unha resolución na que se modifican as zonas de extracción da mexilla xerando un grave problema. Tanto foi así que a propia Consellería tivo que rectificar as súas propias decisións e anunciar, cinco meses despois, a reapertura de novas zonas de extracción, nomeadamente en Aguiño, Sanxenxo e Baiona, en pedras onde os propios servizos técnicos da Consellería constataron a existencia de cría de mexillón e a ausencia de percebe”.

Os nacionalistas cualifican de “inconcebíbel que non se procedera aínda a autorizar a apertura de novas zonas a pesar dos informes favorábeis nos que se certifica a existencia de zonas con mexilla e inexistencia de percebe, máxime cando o sector mexilloeiro ten escaseza deste produto”.

En palabras da pobrense Rosana Pérez, “o sector mexilloeiro informa da escaseza de cría e das dificultades que ten para fixarse nas cordas e esta situación súmase á diminución de produción da campaña anterior, na que a falta de semente xa tivo como consecuencia un desabastecemento dos viveiros, o resultado é unha crecente masificación nas zonas habilitadas e un aumento do risco para os produtores”.

E conclúe: “Cremos que o Goberno galego debe buscar vías de encontro a medio prazo que permitan reconducir a conflitividade á que se viron abocados bateeiros e percebeiros e de sentar as bases para un traballo constante e rigoroso para elaborar unha nova normativa porén, agora o urxente é decidir sobre a ampliación das zonas de extracción da mexilla anunciadas hai case un ano e aliviar a grave crise que xa se intúe no sector mexilloeiro, a tensión existente e a posibilidade de riscos evitábeis”.

Outros artigos

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...