Teatro das Maniotas pon o broche de ouro á mostra de teatro afeccionado da Pobra

31 Xaneiro 2023

A Pobra do Caramiñal despídese nesta fin de semana dunha nova edición do ciclo de teatro afeccionado posto en marcha pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A última das sesións será este 5 de febreiro, ás 19.00 horas, no Teatro Cine Elma, coa función O Banco, a cargo de Teatro das Maniotas, do IES de Brión.

A peza trasladará o público a Vilaxaxún, onde se artella un atraco que se atopa coa resistencia dunha axente de seguridade aspirante a policía local que non sabe usar unha pistola; situación que fai que aumente o caos do cal son testemuñas varias persoas da vila.

O acceso é libre ata completar a cabida da instalación municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...