A música soará na Casa da Cultura da Pobra e no Elma coas audicións abertas da Escola de Música

28 Xaneiro 2023

A Escola de Música da Pobra organiza unha serie de audicións abertas correspondentes co curso 2022-2023. A primeira será no 31 de xaneiro con piano, saxo, frauta e trombón. Xa no 1 de febreiro será a quenda da guitarra e batería; mentres que no día 3 tocarán clarinete, trompeta, bombardino e percusión. Concluirán no día 11 con combos, ensembles, grupos de cámara e banda ESMU.

Todos estes recitais transcorrerán a partir das 19.45 horas na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, agás o último que terá lugar no Teatro Cine Elma.

A entidade pobrense conta no presente ano académico cunha variada oferta formativa musical impulsada dende a Asociación Cultural ESMU A Pobra coa colaboración da Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e Organistrum.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.