Ribeira celebra o día 4 de febreiro o día Mundial contra o Cancro, organizado pola AECC local

27 Xaneiro 2023
UNHA GALA DE PATINAXE, UNHA MISA EN MEMORIA DAS PERSOAS FALECIDAS E O PEDITORIO ANUAL SERÁN OS ACTOS POLO DÍA CONTRA O CANCRO

Con motivo da conmemoración o 4 de febreiro do Día Mundial Contra o Cancro, a sede ribeirense da AECC vén de dar a coñecer no consistorio local un programa de actos que se desenvolverán ao longo da seguinte semana.
A presentación contou coa participación de María José Carreira, María Cortizo e María José Paz no nome da devandita asociación, ademais do alcalde Manuel Ruiz e de Elena Rey e Rosi Domínguez en representación do Club Patinaxe Ribeira pois, non en van, un dos eventos que se van celebrar consiste nunha Gala Solidaria de Patinaxe Contra o Cancro.
María José Carreira deu conta dalgúns recentes e alarmantes datos, como que o 74% da poboación ten contacto directo con algunha persoa que ten cancro ou que no ano 2030 unha cada tres mulleres e
un de cada dous homes padecerán esta enfermidade. De aí a necesidade de sensibilizar á poboación para colaborar e axudar a fomentar así a investigación.
Rifas
O programa comezará o sábado 4 de febreiro ás 11 horas cun peditorio anual en diversas rúas de Ribeira, en tanto que ás 19 horas terá lugar a devandita Gala Solidaria de Patinaxe no Pavillón Municipal de Sirves que contará cun desfile e a participación de patinadores tanto de forma individual como por grupos, incluíndo subcampións galegos e na Copa de Europa. A entrada é gratuíta, máis os asistentes teñen a posibilidade de optar a un sorteo de regalos e vales de compra mercando rifas cuxa recadación irá
destinada a investigación. Isto é posible grazas á colaboración de vinte establecementos locais.
Por último, ás 12.30 horas do domingo 5 de febreiro na igrexa de Palmeira haberá unha misa solemne en lembranza de todas as persoas afectadas e falecidas polo cancro do termo municipal.
Colaboran o Coro Parroquial e o grupo de gaitas O Rueiro de Palmeira.
O alcalde Manuel Ruiz felicitou aos membros da AECC en Ribeira polo seu traballo, que xunto con iniciativas coma esta realizan moitas máis cousas en axuda ás familias e constitúen ademais unha parte
importantísima da vida cultural e deportiva no municipio, impulsando accións como a travesía a Illa de Rúa e a andaina contra o Cancro ou coa súa implicación no Xuño da Cultura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.