A gala de premios culturais da Deputación será o 10 de febreiro no Teatro Colón

26 Xaneiro 2023

O escenario do Teatro Colón volverá iluminarse para acoller a gala de entrega dos 9 premios culturais que a Deputación convocou e outorgou durante o exercicio 2022. En total subirán a recoller cadanseus galardóns unha ducia de persoas e entidades, nunha gala que, segundo indicou a entidade provincial, “recuperará a escenografía do pasado ano e que estaba especialmente deseñada a partires da idea de simbolizar a luz que a cultura, a través de diversas manifestacións artísticas, aporta á sociedade”.

Esta gala de premios culturais será como dixemos o venres 10 de febreiro ás 19h e estará aberta ao público en xeral, con asistencia de balde ata completar aforo (apertura de portas do Teato Colón ás 18:30h). Estará conducida pola xornalista Marga Pazos e contará coa actuación da contadora Carmen Conde e coa música de Antía Muíño. Ademais dos premiados e premiadas, tamén se espera a asistencia das persoas que participaron de xeito directo no desenvolvemento destes premios, en calidade de xurados, comisariados e comisións lectoras.

O deputado de Cultura, Xurxo Couto, indica que “esta entrega de premios é un dos maiores encontros culturais do ano, non só polo recoñecemento ao talento dos creadores e creadoras do noso tempo senón tamén porque implica a unha gran diversidade de disciplinas artísticas”. Así, un ano máis, no Colón volverán xuntarse fotógrafos, artesás, escritores e escritoras, grupos musicais, artistas plásticas, debuxantes e entidades que traballan a prol da acción cultural.

Todas as persoas premiadas recibirán a escultura creada ad hoc pola artista noiesa Soledad Penalta para a Deputación da Coruña: unha ‘C’ realizada en aceiro que representa a ‘C’ de cultura e a ‘C’ de Coruña, e que é suxeitado na base por siluetas que representan a xente que sostén e que eleva a cultura.

Relación de premios e persoas e entidades premiadas

· Premio Torrente Ballester de narrativa en galego: Amador Castro

· Premio González Garcés de poesía: Yolanda Castaño

· Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil: Lois Pérez

· Premio Luís Ksado de creación fotográfica: Brais Lorenzo

· Premio Castelao de banda deseñada: Siqi Luis Yang (debuxante) e Uxía Larrosa Villanueva (guionista) na modalidade xeral; e Francisco Pérez Villanueva na modalidade LIX

· Premio Fran Pérez ‘Narf’ para grupos e artistas musicais: Mallou

· Premio Antón Fraguas de artesanía: Carmen Riveiro na modalidade tradicional, e Verónica Moar na modalidade contemporánea

· Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfica: Myriam Gesalaga Eizagirre

· Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero: Federación galega de redeiras artesás O Peirao na modalidade traxectoria; e grupo de traballo Igualdade e Xénero ANPA do CEIP de Barouta na modalidade iniciativa

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.