A Asociación Ambar forma aos seus usuarios en competencias dixitais

24 Xaneiro 2023

Este luns 23 de xaneiro deu comezo no Centro de Recursos da Asociación Ambar (Frións, Ribeira)a actividade formativa do programa Dixitalíza-T, que, como se indica no seu nome, consiste nunha iniciativa para capacitar aos asistentes en competencias tecnolóxico-dixitais. O programa está composto por catro módulos formativos e está destinado a persoas con diversidade funcional e cognitiva da comarca do Barbanza.

Segundo explica Ambar, o obxectivo xeral do programa é “mellorar a autonomía” dos usuarios da asociación a través da adquisición de novas competencias dixitais que lles “permitan mellorar a vida diaria a través de medios telemáticos”.

O grupo que iniciou a formación está composto por oito persoas con diversidade funcional. O programa constará de 160 horas comezando este luns 23 de xaneiro do 2023 e rematando o luns 13 de marzo do 2023.

Jaime Capilla, coordinador do programa, fixo este luns 23 de xaneiro a presentación do primeiro modulo que impartirá Ahinoa Parga. Tanto ela como Lidia Mariño, profesionais da Asociación Ambar, serán as encargadas de levar a cabo as accións formativas.

Sobre o programa

Dixitalíza-T divídese en catro módulos formativos: buscas na Rede, correo electrónico, trámites en liña e empregabilidade online. O enfoque das accións céntrase en ofrecer alternativas de formación dixital de maneira práctica, incrementar as posibilidades de accesibilidade dixital das persoas con diversidade funcional e romper os estereotipos existentes sobre as persoas con diversidade intelectual e o acceso a contidos a través da Rede. Este programa en competencias dixitais é posíbel grazas ao financiamento de Fundación ONCE.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.