Trenor enxalza en FITUR os moitos atractivos do xeodestino Muros-Noia

19 Xaneiro 2023

O salón FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid até este domingo 22 de xaneiro, acolleu a charla Gastronomía da Ría de Muros-Noia, sustentábel por natureza dentro das presentacións da programación de Galicia, que se levaron a cabo no salón.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, foi un dos participantes da charla. Trenor destacou que “Galicia superou cun gran éxito a celebración do Xacobeo 21-22 froito da nosa versión máis galega da prudencia e da sensatez e nese éxito xogou una papel fundamental a provincia da Coruña porque foi a que liderou este espectacular ano”. Neste senso, sinalou que 2a innovación, a calidade e a excelencia teñen que seguir sendo a folla de ruta para consolidar as boas cifras do ano pasado en Galicia e máis concretamente nesta comarca”.

Trenor puxo en valor “o excelente traballo dos alcaldes e de todo o equipo do xeodestino Muros-Noia” e en relación coas súas potencialidades turísticas destacou que “a mellor definición sería unha Galicia en pequeno dentro dunha Galicia máis grande, porque este espazo ten todo para extractar nunha soa viaxe a esencia da nosa comunidade, por exemplo praias espectaculares, paisaxes únicas, unha gran riqueza histórica chea de cultura e tradicións, unido a unha excelente gastronomía”. Todo isto, dixo, fai que “cada ano sexan máis os turistas que se animan a descubrir este espazo do sur da nosa provincia”. Trenor animou aos Concellos da comarca a “seguir traballando como ata agora apostando por novas estratexias que permitan que este territorio avance no camiño da sustentabilidade e da mellora da competitividade turística”.

Terras de Compostela

O representante do Goberno autonómico tamén participou na presentación Terras de Compostela-turismo natural. Trenor destacou que “este xeodestino é un dos destinos culturais máis relevantes de Galicia polo gran significado que ten o paso das oito variantes do Camiño Santiago, o que forma da esencia de cada un dos seus concellos e da oferta turística que ofrecen”

Trenor recalcou ademais que “Terras de Compostela perfílase como o destino ideal para o turismo natural e rural que cada ano gaña máis adeptos” e destacou especialmente o esforzo que está facendo este GDR en materia de formación para oferecer tamén un destino turístico de calidade.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.