O Centro Dramático Galego continua este novo ano co seu programa de mobilidade para facilitar a asistencia ao Salón Teatro de Santiago de Compostela mediante o desprazamento nun autobús dende diferentes concellos (Sobes ao autobús do teatro?). Entre os concellos que recuncan nesta iniciativa atópase o de Rianxo. Sen ir máis lonxe, o vindeiro 4 de febreiro o CDG pon a disposición da veciñanza rianxeira un bus directo a Santiago de Compostela para asistir, no Salón Teatro, á produción A Contenda do Río Miño.

A función é as 20.00 horas e o autobús recollerá as persoas interesadas ás 18.30 horas na dársena de Setefogas.
Ten un prezo especial de 3 €, que inclúe a entrada e o desprazamento.
As persoas que estean interesadas en asistir deben enviar un correo electrónico a cultura@concelloderianxo.gal indicando nome completo, teléfono e correo-electrónico ou, tamén, contactar co Concello a través do teléfono 981 100 688. A proposta está indicada para un público maior de 16 anos, que de querer asistir deben presentar unha autorización ou ir acompañados dunha persoa adulta.

A Contenda do Río Miño
Proposta materializada a partir do texto Entremés famoso sobre a pesca do río Miño ou A contenda dos labradores de Caldelas de Gabriel Feixóo de Arúxo. Trátase dunha produción da Companhia de Teatro de Braga e o Centro Dramático Galego para o Festival de Almagro.
Autoría: Gabriel Feixóo de Arauxo / Dramaturxia: Javier Alonso de Castilla
Dirección: Fran Núñez
Elenco: Rogério Boane, Sílvia Brito, Carlos Feio, Eduarda Filipa, António Jorge, Grasiela Müller, Fran Núñez, Aisa Pérez, Valentina Picciau e Solange Sá.
Equipo espazo escénico: Salvador Forján, Antonio Mayo, Óscar Ortega, Xaquín Rei, Fernando Rodríguez, René Rodríguez, Suso Rodríguez e Elixio Vieites
Iluminación: Juanjo Amado e Tierri Pinto / Asistente de iluminación: Biqui Cabado
Son e audiovisuais: Antonio G. Budiño y Guillermo Vázquez
Vestiario: Cristina Cordido e María Negreira
Axudante de dirección: Silvia Brito / Apoio verso: Aisa Pérez
Coreografía: Belén Vázquez e Pilar Peña
Composición musical: Xosé Lois Romero e Grasiela Muller coa participación especial de Paulo Bragança
Deseño de produción: Rui Madeira
Produción: Paula Fonseca (CTB) e Francisco Veiga (CDG) / Asistente de produción: Xandre Vázquez



