Barbanza- Arousa participará en FITUR 2023 presentado ” A emoción de descubrir”

12 Xaneiro 2023
Os alcaldes da Barbanza-Arousa en FITUR 2022

A Mancomunidade Barbanza Arousa participará na próxima edición de FITUR 2023 cunha presentación no stand de Turismo de Galicia o mércores día 18 ás 17:15 horas.

Acompañando cun audiovisual, a Mancomunidade realiza unha presentación apelando ás emocións dos visitantes, ás emocións de experimentar vivencias no destino durante todo o ano.
A presentación tratará das actividades de ocio, do Camiño de Santiago, da enoloxía e da enogastronomía pero sobretodo dos lazos que se forxan entre os visitantes e a poboación local, compartindo experiencias, que quedarán no recordo das persoas que deciden vivir esta aventura en Barbanza Arousa.
Preséntase polo tanto Barbanza Arousa coma un destino con moito que descubrir aínda, que ofrece actividades para todos os públicos durante todo o ano e que permite desfrutar de diferentes actividades dende turismo activo, cultural, natural, enogastronómico e de festas e festivais. Transmitirase tamén as emocións das historias que é posible vivir no territorio, con experiencias únicas e que pon en valor as
empresas locais amosando as diferentes actividades que é posible realizar en Barbanza Arousa.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.