Amicos impartirá novamente o certificado de profesionalidade en atención sociosanitaria

10 Xaneiro 2023

A asociación da nosa comarca Amicos volveu ser beneficiaria este 2023 (por quinto ano consecutivo) que comeza do Certificado de Profesionalidade en Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais. “Con esta nova formación”, explicaron fontes da entidade con sedes en Boiro e Ribeira, xéranse novas oportunidades laborais a persoas desempregadas. Este ano, engaden, facilitarase a formación neste eido profesional a 30 persoas. Este certificado conta ademais coa posibilidade de varias opcións de beca.

O proceso de inscrición xa esta aberto e pódese facer chamando ao número de teléfono 981 865 716 ou enviando un correo a formacion@amicos.org. O prazo remata o día 15 de febreiro. Os requisitos para poder participar son, estar desempregado e ter en posesión a titulación da ESO ou equivalente.

As clases comezarán o día 9 de marzo e rematarán o día 19 de xullo. Impartirase en horario de mañá no Centro Integral Amicos en Boiro. O curso ten unha duración de 468 horas, das cales 80 será de prácticas en empresas do eido da atención sociosanitaria da comarca do Barbanza.

Como novidade, este ano ofrécese a posibilidade de levar a cabo o certificado de profesionalidade de forma online.

Segundo lembra Amicos, esta formación é posíbel grazas ao financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Educación e Formación Profesional do Goberno de España.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.