José Antonio Pérez Sieira é reelixido como presidente da Federación Galega de Confrarías de pescadores

09 Xaneiro 2023

O presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, José Antonio Pérez Sieira, renovou o seu cargo tralas eleccións celebradas no marco dos terceiros comicios unificados nos pósitos galegos.
Neste proceso tamén foi elixido como vicepresidente primeiro da entidade Javier Sánchez, patrón maior de San Cibrao, e como vicepresidente segundo Iago Tomé, patrón maior de Raxó, de conformidade coa regulación contida nos seus estatutos.
A proclamación definitiva dos órganos reitores da Federación Galega de Confrarías de Pescadores produciuse hoxe e a súa toma de posesión será mañá, martes 10 de xaneiro, dándose así por completado o proceso electoral unificado nas confrarías de pescadores galegas.
Estes comicios á federación galega son unha continuación dos iniciados coa elección dos 62 patróns e vicepatróns maiores noutras tantas confrarías de pescadores, así como dos presidentes das tres federacións provinciais e os seus órganos reitores, e amosan a madurez democrática do sector á hora de elixir aos seus representantes.
O único proceso pendente agora é a celebración das eleccións á confraría de pescadores de Baiona, na que o vindeiro 21 de xaneiro se realizarán as votacións para a elección dos vogais que formarán parte da xunta xeral e que serán os encargados de designar os novos órganos reitores da entidade.
Na seguinte táboa resúmense os resultados destes comicios na Federación Galega de Confrarías de Pescadores:

FEDERACIÓN GALEGA DE CONFRARÍAS DE PESCADORES CARGO NOME CONFRARÍA
Presidente/a José Antonio Pérez Sieira Ribeira
Vicepresidente/a 1º Javier Sánchez Fernández San Cibrao
Vicepresidente/a 2º Iago Tomé Blanco Raxó

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.