Aumentan os casos activos por covid en Galicia e os hospitalizados

26 Decembro 2022

O número de casos activos por covid en Galicia e de hospitalizados aumentou nas últimas horas, segundo o último parte da Consellería de Sanidade con datos ás 18,00 horas do domingo. Así dos 2.342 casos activos notificados con datos ás 18,00 horas do venres, pasouse a 2.041. O mesmo ocorre co número de hospitalizados con 253 (248 en planta e cinco en UCI) fronte aos 235 rexistrados no último parte. Dos 2.041 casos activos, 513 son da área da Coruña, 213 da de Lugo; 266 da de Ourense; 200 da Pontevedra, 407 da de Vigo; 285 da de Santiago e 157 da de Ferrol.

En toda Galicia abríronse 64 casos nas úlitmas horas, dos que 10 son de Santiago de Compostela-Barbanza, 13 corresponden á área da Coruña-Cee; catro á de Ferrol; cinco á de Lugo-A Mariña-Monforte de Lemos; 10 á de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras; 12 á de Pontevedra-O Salnés e 13 á de Vigo.

En canto aos hospitalizados, 82 están na da Coruña, con na UCI, igual que a de Santiago de Compostela -Barbanza que ten, ademais, 32 pacientes en planta, e a de Vigo que ten, á súa vez, 41 noutras unidades de hospitalización.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.