A Demarcación de Costas abre o prazo para a solicitude de autorizacións para os servizos de tempada de praia

20 Novembro 2019

Segundo anuncio publicado hoxe no Boletín Oficial do Estado (BOE), a Demarcación de Costas de Galicia abre o prazo para a solicitude de autorizacións para os servizos de tempada de praia do ano 2020 (instalacións expendedoras de bebidas, hidropedais, hamacas, terrazas, servizos de escolas de surf, bodyboard, longboard, paddle surf, etcétera).

O prazo para solicitar tales autorizacións conclúe o 27 de decembro, realizándose a tramitación a través dos Concellos. A autorización que outorgue a Demarcación non exime en ningún caso de obter cantos títulos ou licenzas se precisen noutros organismos ou administracións públicas competentes.

En cada Concello estará dispoñible o modelo de instancia que deberá empregarse e a información sobre a duración das autorizacións, taxas aplicables, fianzas e restos de bases e condicións. En Ribeira, esta instancia estará dispoñible na Oficina de Atención Cidadá, situada no andar baixo do Consistorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.