A Pobra daralle a benvida a 2023 cunha festa do Aninovo

21 Decembro 2022

Tralas doce badaladas na noite do día 31 de decembro, entraremos oficialmente en 2023, polo cal serán moitas as persoas que sairán á rúa a celebralo. O municipio pobrense lanza unha festa coa cal amenizar a madrugada do primeiro día do ano.

O concelleiro da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), e a súa homóloga da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), explican que se trata dunha acción para dinamiza-lo ocio nocturno nunha data tan significativa e dispor dun punto de encontro para a veciñanza.

O toldo da praza Alcalde Segundo Durán converterase en epicentro festivo da localidade coa música do Grupo Fussion, a partir das 00.30 horas, e de Cabina Chocolate, das 03.00 horas en diante. A entrada é libre ata completa-la cabida.

Os estilos serán para tódolos gustos, pois soarán temas dos anos 80 e 90, éxitos do pop e rock, ritmos latinos, reggaeton, electro e trap, ademais de cancións típicas de verbena.

Haberá tamén cotillón, photocall e barra da hostalaría.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.