Un total de 22 propostas finalistas aspiran a gañar os Premios Youtubeiras 2022

21 Decembro 2022

Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de doce concellos (entre os que se atopa o de Rianxo), das tres universidades e da Deputación da Coruña, xa teñen finalistas para os seus oito premios. En total, 22 serán as propostas que disputarán os galardóns desta sexta edición, que dará a coñecer o seu palmarés o 28 de xaneiro. Ese día, o Pazo da Cultura de Carballo acollerá a gala de entrega destas distincións, que teñen o obxectivo de encher as redes sociais (especialmente YouTube) de contidos audiovisuais na nosa lingua. A actriz e narradora oral Cristina Collazo será a presentadora e Laura Lamontagne & PicoAmperio encargaranse de lle pór música ao evento.

A organización de Youtubeiras destaca a concorrencia acadada neste 2022. Presentáronse a concurso 74 canles. A organización tamén salienta que 45 delas non se inscribiran con anterioridade aos premios e “gran parte son de recente creación”. Ademais, destaca que a cifra deste ano duplica a que se logrou en 2021, edición na que se postularon 38 canles.

Aos datos devanditos cómpre engadir as 39 canles que foron propostas por usuarios e usuarias das redes sociais para o Premio do Público.

Dende o punto de vista cualitativo, a organización e o xurado sinala “o alto nivel técnico que se rexistrou”, así como “a diversidade temática”, o “amplo rango de idades das persoas participantes” e “o potencial para se converteren en referentes da rede galega”.

O xurado desta sexta edición dos Premios Youtubeiras está conformado por Mario Brión (Olaxonmario), gañador do Premio ao Youtubeira/o do ano na edición anterior; Mónica Fernández Valencia, técnica de normalización lingüística do Concello de Ourense e coordinadora de Youtubeiras nas primeiras catro edicións; Carmen Nieto, dinamizadora e formadora no eido das novas tecnoloxías; Elvira Nercellas, estudante e integrante do Grupo por unha Medicina Galega en Galego, e Alba Rodríguez, administrativa que deu a coñecer o seu cambio de lingua a través de Twitter no ano 2018. Tras unha complexa deliberación, decidiuse escoller como finalistas do Premio Youtubeira/o do ano a Anxo Sánchez, neeumatiko e La Bisonte. Na categoría de Canle, as finalistas son Toxío, Tonio Cociña Galega e Fica coa bola.

O galardón de Youtubeira/o Revelación disputarase entre Marcos Borrageros, Histérikas Histórikas e Falemos do Reino de Galicia, mentres que o premio ao mellor Vídeo decidirase entre A Moura, de Contos de Santalla, Bury your gays (Enterra os teus homosexuais) – Investigación documental, de Henfunk Studio, e Eduardita, de Piratas sen parche.

O galardón á Calidade Lingüística conta como finalistas con Falemos do Reino de Galicia, Webserie Cóntallo a Cambados e Media Laranxa, mentres que o Premio Pioneiro decidirase entre Noticias Dispersas, Gallifrey Ceive e Pingando-Laura Veiga. O Premio Rede, destinado a aquelas canles coa capacidade de tecer comunidade, disputarase entre Proxecto R.E.D.E.S, A Lobeira today e Exército Mekemeke.

Por último, as persoas finalistas ao Premio do Público son BEMBIBRE coas Tanxugueiras, de Xabi Gómez; Mitos e ritos do tempo de Defuntos. Conversa con Lidia Mariño, da canle Orgullo Galego, e Eduardita, de Piratas sen parche. Precisamente o vídeo Eduardita, de Piratas sen parche, aspira a facerse con dous galardóns (Premio do Público e Vídeo), igual que Falemos do Reino de Galicia (Youtubeira/o Revelación e Calidade Lingüística).

7.500 euros en premios

Os Premios Youtubeiras repartirán este ano 7.500 euros. Cada un dos galardóns conta cunha dotación económica de 1.000 euros, agás o Premio do Público, cuxa contía ascende a 500 euros. Será o xurado quen decida finalmente a proposta gañadora en todas as categorías, agás no Premio do Público. Este galardón concédese por votación popular a través de medios dixitais e o xurado limitarase a dar fe do reconto.

Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, A Baña, Carballo, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Noia alzou a voz contra a violencia machista

Na mañá deste mércores 25 de novembro, o alumnado dos centros educativos de Noia foi protagonista da lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda deste mércores deu comezo ás 11.45 coa lectura da...

+

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...