Este xoves 15, ás 19:00, o grupo UNTÏA, integrado polos Músicos de Cámara da Orquestra Sinfónica de Galicia. Juan Ferrer ao clarinete; Ludwig Dürichen ao violín; Carolina Witoslawska ao violín; Luigi Mazzucato á viola; Raúl Mirás ao violoncelo e Todd Williamson ao contrabaixo, interpretarán no Auditorio do Centro Cultural de Muros un programa singular, aberto a todo o mundo, pero con invitados especiais do alumnado da ESMU Municipal de Muros, que tamén deleitarán co seu propio concerto xusto unha semana máis tarde, o xoves 22, neste mesmo espazo.




