Un festival recuperará na Pobra os bailes e cantos propios do Nadal galego

13 Decembro 2022

O folclore galego converterase en protagonista do festival de Nadal que organiza Arrancadeira, coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE). O obxectivo é recuperar bailes e cantos tradicionais cos cales se celebraban estas datas en diversos recunchos de Galicia.

Este evento festivo será o 17 de decembro, ás 18.30 horas, no Teatro Cine Elma. Contarase coa participación da propia entidade, da A. C. Os Jaitas Blue, da Escola de Cantigas e Agarimos e da A. C. Mestre Manuel Gacio.

Realizarase tamén un sorteo de produtos doados por establecementos da localidade e disporase dun stand para a recollida de donativos a favor da Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia). A entrada é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.