Case un cento de incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa. Martes con chuvascos todo o día

12 Decembro 2022

Coas 92 rexistradas entre as 13 e as 18 horas, o 112 Galicia vén de contabilizar un total de 262 incidencias ao longo do día de hoxe. As máis frecuentes continúan a ser as relacionadas coa circulación, sobre todo por mor da caída de árbores ou pólas. Sen embargo, ningunha delas reviste gravidade. Con diferencia, a provincia máis afectada nas últimas horas é a de Pontevedra, na que se produciron máis da metade das incidencias rexistradas (50). Nin a de Ourense (19), a da Coruña (13) ou a de Lugo (10) chegaron á vintena.

Cómpre sinalar que a gran maioría delas estiveron relacionadas coa caída de árbores, pólas e outros obstáculos como restos de accidentes ou terra e pedras nas estradas, así como algunha bolsa de auga que puideron provocar alteracións puntuais na circulación nas vías das provincias de Pontevedra e de Ourense.

O martes Galicia continuará baixo o dominio das baixas presións. Deste xeito, o ceo estará parcialmente nubrado e precipitacións, máis ocasionais no interior da Comunidade. As temperaturas mínimas experimentarán un notable ascenso, mentres que as máximas non terán cambios ou lixeiros descensos. O vento soprará do suroeste, frouxo en xeral, moderado na costa.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 12° 17°
Temperatura da auga (°C) 17°
Índice ultravioleta máx. 1
meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sudoeste, forza 3 a 5 á mañá e á tarde e 4 a 6 á noite. Marusía á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do sudoeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá e 3 a 4 metros á tarde e á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar00:291.2 m
Preamar06:493.2 m
Baixamar13:111.2 m
Preamar19:182.9 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar00:201.2 m
Preamar06:403.2 m
Baixamar13:021.2 m
Preamar19:102.8 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar00:251.2 m
Preamar06:463.2 m
Baixamar13:071.2 m
Preamar19:142.9 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.