O Concello da Pobra, o Museo Valle-Inclán e a Secretaría de Política Lingüística presentaron “A miña irmá Antonia” en Santiago

02 Decembro 2022

No serán deste primeiro de decembro presentouse en Santiago a versión en galego de A miña irmá Antonia, obra literaria de Ramón María del Valle-Inclán, traducida por vez primeira ao galego por Rocio Viéitez co apoio do Concello da Pobra do Caramiñal, do Museo Valle-Inclán (A Pobra) e da Secretaría Xeral de Política Lingüística. No acto, no que participaron representantes das dúas institucións da nosa comarca e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, (Valentín García), fíxose saber que o volume complétase coas fotografías de Santiago de Compostela realizadas por Adolfo Enríquez e a edición facsimilar do orixinal.

Na cita, fíxose fincapé na necesidade de reivindicar o galego en todas as obras relevantes da literatura universal. Así se manifestou Valentín García, engadindo que Valle-Inclán “é un autor orixinal e innovador, dunha calidade extraordinaria, cuxa obra acáelle especialmente ben á lingua galega, por dicilo dalgún xeito, pois, á fin, a ambientación, a cultura, o pensamento, o sentimento e moitos aspectos expresivos que teñen detrás moitos dos seus orixinais en castelán xa teñen a Galicia e á súa lingua como pano de fondo”.

Canda Valentín García tamén participaron neste acto, que acolleu o Centro Internacional de Prensa de Galicia, Xaquín del Valle-Inclán, neto do escritor e autor do prólogo; Antonio González Millán, director do museo pobrense e coordinador da publicación; Rocío Viéitez, autora da tradución, e Adolfo Enríquez, fotógrafo e editor da obra. Ademais, a presentación estivo amenizada por unha pequena representación do texto da man do actor Roberto Leal e a actriz Gloria Rico.

A miña irmá Antonia apareceu por primeira vez no volume Cofre de sándalo en 1909 co engadido Obras completas de Valle-Inclán. Tomo I. Ambientada nas rúas de Santiago de principios do século XX, Valle-Inclán inspirouse na Casa do Cabido para escribir esta historia de misterio que narra a vinganza do estudante Máximo Bertal, namorado de Antonia a rexeitado pola súa nai.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.