O Concello de Boiro conmemora o 25-N co punto de mira nas agresións machistas ocorridas no ámbito do lecer

25 Novembro 2022

O Concello de Boiro celebrou este venres pola mañá os actos conmemorativos do 25N, Día Internacional da Violencia Conta as Mulleres. Fíxoo cunha lectura dun manifesto colectivo e unha mesa de traballo para establecer protocolos de actuación ante agresións machistas. No acto participaron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a concelleira de Igualdade, Dores Torrado; xunto con outros membros da Corporación.

O acto central tivo lugar ás 12.00 horas na praza de Galicia e comezou cun minuto de silencio e a lectura dun manifesto colectivo que realizaron, conxuntamente, persoal do CIM, hostaleiros do municipio, alumnado dos centos educativos, forzas e corpos de seguridade e asociacións. O manifesto deste ano centrouse na visibilización das violencias machistas acontecidas no eido do ocio.

Previamente ao acto institucional, o alcalde de a concelleira de Igualdade mantiveron un encontro coas mulleres usuarias do CIM que forman parte do Grupo de Autocoidado coordinado e acompañado, un espazo que vén funcionando dende o mes de outubro e do que forman parte mulleres que sufriron algún tipo de violencia de xénero. O grupo expuxo ao alcalde e a concelleira as eivas detectadas á hora de tratar os casos de violencia.

A xornada rematou cunha mesa de traballo participativa na que formou parte persoal do CIM, mocidade, asociacións, hostaleiros e forzas e corpos de seguridade. Esta mesa tivo como finalidade a posta en común de impresións para elaborar un protocolo de actuación de forma colectiva e coordinada para a diagnose das violencias machistas no ámbito do lecer.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.