“Vítimas das mafias” – José Manuel Pena

25 Novembro 2022

Unha das realidades vergonzantes que se está vivindo, cada día, en moitos pobos e cidades do noso país, son os miles de familias romanesas desestruturadas que son “captadas” para que exerzan a mendicidade, realicen actos de delincuencia menor e mesmo se adiquen a prostituírse para que logo, ese diñeiro, vaia parar a mans das redes mafiosas. Son auténticas redes de delincuencia organizadas desde Romanía. Así, hai uns 50.000 romaneses, de etnia xitana, que malviven da mendicidade e un 90% deste “negocio” esta controlado polas “mafias”, no noso país.

A pesar desta triste realidade, moitos dos nosos gobernantes seguen mirando para outro lado e como sinala a Federación de Asociacións de Romaneses en España, que denunciaron estes feitos en numerosas ocasións, os responsables políticos dixéronnos que estas situacións eran inventadas e inexistentes”. Algúns nos preguntamos, que medidas adopta o Ministerio de Asuntos Sociais, o Ministerio do Interior, as diferentes Comunidades Autónomas así como os municipios, sen esquecernos da Unión Europea así como as propias autoridades romanesas?.

Hai que pensar que a maioría destas familias, por non dicir a totalidade, viven un claro estado de marxinación, pobreza e explotación que atenta claramente contra a dignidade das persoas e son unha clara violación dos Dereitos Humanos. Padecíano no seu país de orixe e ségueno sufrindo no país de destino. Numerosas destas familias piden esmola nas rúas, mesmo con nenos pequenos, e ninguén di nada, ninguén fai nada, e todo segue igual.

Outros artigos

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

+

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.