Continúa en Boiro o ciclo de faladoiros para mulleres

22 Novembro 2022

O Concello de Boiro programou unha serie de actividades co gallo do 25-N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Nesta axenda vai incluído, para todo o mes de novembro, un ciclo de charlas nomeado Mulleres e Saúde con servizo de ludoteca para facilitar a conciliación. As actividades que conforman este programa e se están a levar a cabo son as seguintes: o faladoiro A saúde das mulleres na menopausia (o mércores 9 de 17 a 20h, da man de Iria Cierto Buján, matrona), os obradoiros Encantada de coñecerme de saúde sexual para mulleres adultas (os sábados 12 e 19 de 11 a 13h, no CS de Boiro, imparte Jeane Costa, sexóloga de SEDRA), a charla Endometriose, a epidemia oculta (o mércores 23 de 17 a 19h, no CS de Boiro, imparte a sexóloga de QuerENDO Verónica Ramilo) e a xornada Menstruación sustentábel (o sábado 26 de novembro de 11 a 13h, organizada polo Foro Ecolóxico de Boiro). Estas accións compleméntanse cun servizo de asesoramento sexolóxico facilitado por SEDRA – Federación de Planificación Familiar (698 126 048 e galicia@sedra-fpfe.org).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.