“Lonxe da veciñanza”. Luís Celeiro

18 Novembro 2022

Son Gumersinda, unha vella dun lugar afastado de Galicia, unha aldea onde arestora non vive ninguén e ningunha outra persoa poderá volver vivir alí. Fun correndo, e con
recomendación, para a Residencia e aquí estou rodeada de xente e tan soa, moito máis soa do que estaba na casa xélida, onde tanto frío pasei ao longo dos últimos anos. Aquí frío non fai, pero escríbolle, Tía Manuela, amiga discreta nas páxinas deste periódico, para dicirlle
que a soidade é tan grande e abafante que teño medo de perder a respiración e morrer.
Estou rodeada de xente que non coñezo, de vellos e vellas que non me queren, moitos deles
non comen, non miran, non andan, non pensan, non len nin contan nada. Estou rodeada de
traballadores sociais, de asistentes e coidadores asalariados para coidar de nós, dos maiores
que non paramos de chorar por tanta tristura e de laiar por tan soidade.
Estou aquí neste cárcere atada á miña condición de vella sen recursos. Estou esperando
polo solpor e despois polo abrente. Ninguén se acorda de min e eu estou nunha fase
avanzada de perda da memoria. Hai catro anos que cheguei e sego esperando por unha
caricia, por un beizo en calquera destas meixelas engurradas. En calquera delas.
Escondo a cara detrás das mans feridas para que non se podan ler as mensaxes da miña
alma, acubillada polo terror deste último tramo do camiño, para que non se saiba nada do
que pasa polo meu maxín, para que os meus fillos, fillas, netos e netas non sufran. Seguimos
caladamente, e con enorme dor, observando a ringleira de mortos que pasan ao noso lado,
pola dereita e pola esquerda, facendo camiño ou remarcándoo.
A miña amiga tamén morreu e foise por ese camiño. Dinme que ía cantando. Quizais non
volva vela nunca máis. Nesta Residencia e, probablemente en tódalas outras, a única
esperanza é que chegue a vida eterna. Vostede, Tía Manuela, sabe algo diso? -Non sei que
dicir, “a eternidade é cousa da filosofía e tamén da fe”.
Centos de persoas maiores como Gumersinda, viven nesas residencias, modernas casas da
soidade e, en ocasións, necesarias, construídas con cuartos enumerados, cociña, comedor e
baños colectivos; convertidas no albergue da etapa final do camiño andado, lonxe da familia
e da veciñanza que antes tiñan. Ata sempre, meus vellos, amigas e amigos maiores!

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.