A ruta + que tapas recala en Rianxo esta fin de semana

13 Novembro 2019
Na presentación celebrada a pasada semana no Concello de Boiro. Cedida

Despois de que a fin de semana pasada arrancase en Boiro a quinta edición da ruta + que tapas, agora é a quenda de Rianxo. Así, o itinerario gastronómico poderá realizarse polo municipio rianxeiro a partir do venres 15, desde as 20.00 ata as 23.00 horas, así como o sábado e domingo, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 20.00 a 23.00 horas. Un dous engadidos desta proposta é a presenza do soumiller Juan Figueroa Treus, natural de Escarabote e residente en Vigo, quen aconsellará aos clientes sobre os viños que poden acompañar con cada petisco. Así mesmo, como actividade complementaria na xornada do venres levarase a escena a peza Casa O’Rei, de Ibuprofeno Teatro. A cita desenvolverase na Sala Arcos Moldes do Auditorio municipal, ás 21.00 horas.

O prezo da tapa establécese nos 2’50 euros e os establecementos de Rianxo que toman parte nesta iniciativa son O Vilar, Toskana, O’Costillar, Castelao, A Lareira, O Asador, O Paseo e Plaza.

Cómpre destacar que os catro primeiros clientes en pedir un petisco nalgún dos locais anteriormente enumerados durante o día de apertura da ruta, terán como premio unha entrada para o monólogo de El Sevilla que se celebrará o 14 de febreiro de 2020 en A Pousada da Galiza Imaxinaria, no municipio de Boiro. Ademais, tódolos participantes entran nun sorteo de catro bonos gastronómicos e un concerto exclusivo que terá lugar antes de que finalice o presente ano.

Por outra banda, este evento gastronómico conta coa colaboración dos bodegueiros de Viños da Terra de Barbanza e Iria, propoñendo maridar os petiscos cos seus caldos.

Esta iniciativa impulsada pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte continuará na Pobra do Caramiñal (22, 23 e 24) e concluirá en Ribeira (29 e 30 de novembro e 1 de decembro).

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.