A axenda cultural de Boiro en novembro vén con teatro, visitas teatralizadas en Goiáns, presentacións literarias e magostos

02 Novembro 2022


O Concello de Boiro, a través da Concellería de Cultura, mantén as propostas de actividades culturais durante o mes de novembro. A concelleira de Cultura, María Outeiral, realizou na mañá deste mércores 2 de novembro a presentación das actividades que se van desenvolver durante o mes.

A programación cultural contén teatro, actividades no Pazo de Goiáns, actividades do Magosto e actividades para festexar o Día da Música. “O mes de novembro achega unha programación moi variada con propostas todos os fins de semana que ligan a cultura e a educación”, afirmou a edil.

A programación comeza este venres día 4 de novembro coa representación teatral para público adulto Esas cousas marabillosas de Empatía Teatro ás 21.00 horas na Casa da Cultura. Na fin de semana, os días 5 e 6 de novembro, vanse realizar as visitas teatralizadas de Os Quinquilláns que tiveron que ser adiadas no mes de outubro e para as que están xa as prazas esgotadas. Tamén o sábado día 5 a partir das 19.00 horas no Pazo de Goiáns haberá presentacións literarias das obras Atlántico norte, chamádeme Ismael e Abril.

O venres 11 de novembro ás 21.00 horas A Panadería presenta a representación teatral As que limpan para público adulto. O sábado 12 de novembro o grupo Xilbarbeira celebra, a partir das 17.00 horas na praza do Centro Social, o seu tradicional magosto.

Butacazero trae tamén á Casa da Cultura de Boiro a representación teatral Papagena para público adulto, o venres 18 de novembro. O sábado 19 celébrase o Día Da Música cunha homenaxe ao mestre Boga, que será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. O venres 25 de novembro Talía Teatro representa na Casa da Cultura ás 20.00 horas Voa, voa para público infantil e familiar.

Amais, no mes de novembro celebrarase a Mostra de Teatro Escolar, que este ano se estende tamén aos institutos de secundaria e que se vai realizar na Casa da Cultura de Boiro os días 10, 14, 15, 16, 17 e 21 de novembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.