A Fundación RIA impulsa os primeiros pasos da axenda territorial de Galicia (en Santiago, no CGAC, o día 26)

22 Outubro 2022

O vindeiro mércores 26 de outubro ás 17:30 celebrarase o acto de inicio de proxecto Cara a unha axenda territorial de Galicia, traballo coordinado pola Fundación RIA, con sede principal na nosa comarca e impulsada polo arquitecto David Chipperfield, afincado en Corrubedo, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

A xornada será no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago de Compostela e no seu transcurso presentarase a visión e obxectivos deste ambicioso programa a través dos representantes das entidades promotoras e de expertos de recoñecido prestixio.

Como acto central, desenvolverase un debate moderado por Luis Fernández-Galiano Ruiz (director de Arquitectura Viva) no que David Chipperfield (presidente de RIA), Josep Bohigas Arnau (director de Barcelona Regional), Lourenzo Fernández Prieto (catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e director científico comisario do Centro de Investigación Interuniversitario dás Paisaxes Atlánticas Culturais) e Almudena Fernández Carballal (profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña) debaterán sobre a visión, os retos e as prioridades dun novo modelo territorial para Galicia.

O acto contará coa representación do Concello de Santiago de Compostela e de autoridades das entidades impulsoras do proxecto de colaboración, a Consellería de Facenda e Administración Pública e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. En representación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, intervirá a vogal na xunta de goberno, Ana Couto, e a cerimonia será conducida polo coordinador da Fundación RIA, Manuel Rodríguez.

Asistencia ao acto

​O evento está aberto ao público xeral, aínda que, por motivos de capacidade, requírese a inscrición anticipada a través da páxina web da fundación, que confirmará a dispoñibilidade de prazas enviando un correo electrónico ao enderezo rexistrado no formulario.

Todas aquelas persoas que non poidan asistir presencialmente ou que non consigan praza, poderán seguir o evento en directo a través da web da fundación ou, con posterioridade, consultando os vídeo que estarán dispoñíbeis na mesma plataforma.

Investigación, participación e colaboración para alcanzar unha visión consensuada

​En colaboración coa Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a Fundación RIA coordinará un proceso para o deseño preliminar dunha axenda territorial que sitúe a Galicia “como referente europeo de sustentabilidade no horizonte 2030”. Contando co asesoramento dun comité científico e a implicación dos diferentes niveis da administración, a súa misión é promover “unha gobernanza coordinada que permita mellorar a relación entre o construído e o natural”.

Entre outros obxectivos, búscase mellorar “as contornas habitables de pobos e cidades; integrar sistemas produtivos agroforestais que preserven a biodiversidade; xestionar a auga, a enerxía e os residuos desde unha lóxica de circularidade; ou articular o territorio a través dunha mobilidade sustentábel”.

Os primeiros resultados do traballo presentaranse a principios do ano próximo e pretenden establecer unha nova visión común sobre a estrutura do territorio galego e a súa sustentabilidade. “Unha visión que fixe as prioridades a abordar polos futuros plans e estratexias e que estableza mecanismos para o seu control e seguimento”, explican dende a Fundación RIA.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.