Este sábado comeza RianxoCiencia 2019 cun obradoiro de robótica

08 Novembro 2019

O programa RianxoCiencia 2019, un completo programa de obradoiros, charlas-coloquio, demostracións científicas e exposicións para espertar o meirande número de vocacións e talentos investigadores locais entre as novas xeracións (especialmente), inaugúrase este 9 de novembro nos baixos da Biblioteca, cun Obradoiro de Robótica artellado en dúas sesións (a primeira de 10.00 a 11.30 horas, para nenas e nenos de 9 a 12 anos, e a segunda en horario de 12.00 a 13.30 para rapazas e rapaces de entre 13 e 16 anos). O taller de sistemas intelixentes contará finalmente con 18 persoas.

RianxoCiencia é un programa organizado polo Concello co apoio da Deputación da Coruña e a Universidade de Santiago, entre outras entidades. Ao longo dos seguintes días, até final de mes, irá dando acollida a unha serie de accións divulgativas e participativas. Por exemplo a cita do 16 de novembro, no Auditorio de Rianxo: un discurshow (o espectáculo científico Voute contar!) da man de Vicente Mohedano, para crianzas de oito anos en adiante.

Máis tarde, ás 19.00 horas está programada a charla coloquio Ciencia e razón fronte ás pseudociencias, terapias perigosas e outras lerias, impartida por Manuel Rey, xornalista e colaborador habitual da web GCiencia.

O venres 22 de novembro, na Biblioteca Pública celebrarase o obradoiro A ciencia nos tempos de Castelao, Dieste e Manuel Antonio, para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, cun límite de dúas ducias de participantes.

O día 23 haberá dúas actividades: un novo discurshow ás 12.00 horas a cargo de Vicente Mohedano (o espectáculo Orbitamos! para nenas e nenos de 8 anos en adiante) e unha charla, a partir das 19.00 horas, sobre as estrelas e os seus sistema planetarios, impartida polo astrónomo José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago.

Na xornada do 30 de novembro está previsto no Auditorio un obradoiro sobre A maxia da ciencia en dúas sesións, a primeira a partir das 10.00 para crianzas de 9 a 12 anos e a segunda a partir das 12 horas para a rapazada de entre 13 e 16 anos.

As devanditas actividades complementaranse coa exposición 50 aniversario da chegada do home á Lúa, do Observatorio Astronómico da USC, na sala de mostras do Auditorio de Rianxo entre os días 25 e 30 de novembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...