“Os mariscadores da ría de Arousa queren que os biólogos investiguen o porqué da redución da produción marisqueira” – Antón Luaces

12 Outubro 2022

Aguiño, Ribeira , A Pobra, Boiro, Cabo de Cruz, Rianxo, Cambados, Vilanova son nomes -xunto a moitos máis da ría de Arousa- que con aproximadamente 4.000 permisos de explotación marisqueira (permex) nutren á maior parte da hostalaría galega e española, así como á industria conserveira de distribución nacional e internacional.

Non obstante, a Ría de Arousa, considerada a máis rica do mundo en peixe e marisco, está a perder aquel vigor que lle permitía manter moi vivo o recoñecemento da súa calidade e calidades ao mesmo tempo que os seus mariscadores constatan acotío a perda constante dos seus beneficios acadados no labor tanto a pé como en embarcación.

Nos últimos dous ou tres anos, afirma o patrón maior da confraría de pescadores de Ribeira e presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez, a redución das extraccións marisqueiras son unha constante. Cando non é polas toxinas é pola enfermidade ou o patóxeno da auga de cultivo que afecta aos moluscos bivalvos, pero resulta evidente que o traballo das mariscadoras e mariscadores está a perder a rendibilidade que acadaban anos atrás.

A produción da ameixa baixou á metade na ría de Arousa e noutras zonas de Galicia. É o motivo polo que distintas organizacións marisqueiras desta ría reuníronse esta semana na capital galega coa intención de chegar a un acordo polo que a Consellería do Mar constitúa unha mesa de traballo que estude e dictamine as circunstancias do por que esa máis que notable baixa rendibilidade dos bivalvos en Galicia, nomeadamente na ría de Arousa.

Vai dous anos que tentan rexenerar os parques de cultivo pero as enfermidades que afectan á ameixa non permite expectativa favorables de futuro inmediato. A cría deste ano é a do ano pasado. Esa cría baixou aquí, como tamén baixou na ría de Ferrol, E  non se moven os fíos dende a Consellería para saber porqué se reduce a cantidade e a calidade na produtividade da que, como sinalaba anteriormente, foi a ría considerada como a máis rica do mundo.

Neste senso, o portavoz de marisqueo do Grupo Socialista no Parlamento galego, Julio Torrado, criticou este martes o que cualificou de “desleixo” do goberno galego fronte á “situación dramática” do marisqueo na ría arousá. Ao mesmo tempo alertou de que “a situación ven sendo problemática na última década, e cada vez vai a peor sen ter ningunha aposta decidida pola Xunta máis aló de intentos para gañar o titular e lavar o asunto”. Criticou asemade Julio Torrado que a Xunta manteña que na ameixa que se extrae hoxe é a mesma que hai 20 anos” en contra da idea que ten “todo o pobo de Carril”.

Lembrou o voceiro socialista de marisqueo que o goberno galego “chegou en 2009 asegurando que subiría os permisos de explotación marisqueira (permex) desde os 6.500 ata superar a barreira dos 8.000. Sen embargo, 13 anos despois non chegamos aos 4.000 en goda Galicia”, unha cifra “dolorosa” para unha ría  como a de Arousa, que concentra o 45% dos permex de toda a Comunidade Autónoma.

Outros artigos

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...

+

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...

+

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

Van aló máis de quince anos desque a Xunta, a través da consellería do Mar (antes, de Pesca) contempla o pasar do tempo mentras os mariscadores sachan, sementan e fan cálculos sobre as perdas económicas que supoñen os vertidos dos encoros e a carencia dunha política...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á...

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

Antes de que la palabra idiota fuera un insulto y la RAE en su diccionario ladefiniera como tonto, corto de entendimiento o falto de instrucción, los antiguosgriegos la usaban para referirse a los que no se ocupaban de los asuntospúblicos y se dedicaban en exclusiva a...