Editorial: “Un barco, mil problemas”

07 Outubro 2022
EN APOIO DO MAR E DO SECTOR. ÚNETE Á CONCENTRACIÓN

O Barbanza– Antón Luaces.– A prohibición do uso de artes de fondo condiciona, sí ou sí, o desenvolvemento do sector pesqueiro, fundamental na Comunidade Autónoma de Galicia. De aquí que non sorprenda a ninguén que Ribeira sexa na tarde deste sábado (19,00 horas) lugar no que se concentren todos cantos se senten agraviados pola Comisión de Pesca da UE que, unilateralmente, decide castigar á frota de artes de fondo como se fose esta a única culpable de que as zonas “sensibles” do Atlántico noroeste estean nunha situación que non é a que a devandita Comisión arela para o presente e o futuro inmediato das pesqueiras comunitarias.

A medida afecta, como é sabido, a toda a costa oeste de Europa a distintas profundidades por mor dos tamén distintos cantís. Pero é Galicia o territorio máis afectado tanto no eido social coma no económico, aspectos estes que a Comisión de Pesca non tivo en conta para decidirse a aplicar o machado tallando a póla máis fermosa da árbore que máis froitos da ao noso país.

A Comisión que acubilla ao eurocomisario Sinkevicius -perdoe o lector a miña insistencia en culpar a este home do mal que se nos ven enriba- non quer, a máis, escoitar falar de moratorias, e armadores e patróns levan días estudando como rendabilizar as áreas de pesca que o regulamento de artes de fondo lles permite a partires deste domingo.

Será un partido de longa e dura desputa, cun árbitro (Sinkevicius) non sei se comprado ou vendido diante da fonda preocupación de todo un sector no que, dunha ou doutra maneira, haberá barcos sen actividade, amarrados nos portos (ou vendidos, ou despezados), con centos de homes desenrolados e na percura de traballo en buques doutras modalidades que non sexan as de fondo, concretamente as fixas,  porque para estas non haberá caladoiros. So 41 áreas entre España e o Norte de Europa, poderán acubillar a unhas ducias da embarcacións que, desde o 9 de outubro pode dar grazas a san Sinkevicius por lles permitir faenar en determinados fondos mariños pero sen chegar precisamente ao fondo do mar debido ás contradicións ao Regulamento de execución  que establece esas zonas de veda nas que incurrriu a Comisión Europea. Porque unha cousa é o texto e outra a que reflicte a cartografía batimétrica realizada sobre os fondos desas 87 áreas ou zonas mariñas das que a frota española faena en 35. E por máis que a Comisión de Pesca cale, o Goberno español disque mantén o recurso a  interpor perante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, demanda que aínda non se presentou e coa que España tentará acadar a anulación efectiva do citado regulamento.

A praza do concello de Ribeira vai ser escenario, ás sete  da tarde deste sábado, dunha que se supón vai ser importante concentración de cidadáns que apostan pola continuidade da actividade pesqueira, cun non ben sonoro aos recurtes consentidos -cando non auspiciados- por unha comisión na que os países pesqueiros semellan  estar de observadores.

Porto de Ribeira

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.