Este sábado 1 de outubro entréganse os galardóns do XIII Premio Atlante de Gravado do Museo de Artes

30 Setembro 2022

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) celebra este 1 de outubro, sábado, o acto de entrega dos galardóns do XIII Premio Atlante de Gravado.

Será ás 13.00 horas na sala 0 do Museo e na cita tamén se procederá a inaugurar a exposición da 13ª edición do certame, que se poderá visitar do 1 de outubro ao 1 de decembro.

Como lembraremos, o fallo desta XIII convocatoria foi dado a coñecer o pasado mes de agosto, tal e como reflectimos dende este medio.

O xurado asegurou daquela que se mantiveron as cifras de participación de anos anteriores, con 210 proxectos entregados por un total de 170 participantes de 19 países.

O Premio Ramiro Carregal, o de maior dotación, foi para o madrileño Francisco de Santos Mouro. A súa obra, Marmelos, realizada nun fotopolímero iluminado á acuarela e colaxe, obterá unha achega en metálico de 5.000 euros.

Premiados

  • DESANTOS MORO, Francisco
    País: España – Madrid
    Título obra: Membrillos
    Técnica: Fotopolímero iluminado á acuarela e colaxe
    (3) Premios Atlante (2.500 €, 2.500 €, 2.500 €)
  • CARBAJALES FERREIRO, Yolanda País: ESPAÑA – Galicia
    Título obra: Nós
    Técnica: Maneira negra / Mezzotinta
  • SORDILIBARDONI, Vinicios
    País: Polonia
    Título obra: Sobreposición 2
    Técnica: Augaforte e augatinta
  • GOMIRATO, Elisabetta
    País: Italia
    Título obra: Void – Panoramas
    Técnica: augaforte e puntaseca
    (1) Premio Galicia. Pedras de Santiago (2.000 €)
  • CORDEIRO CERVIÑO, Nerea
    País: ESPAÑA -— Galicia
    Título obra: S/T
    Técnica: Fotopolímero

ORDE DE INTERVENCIÓNS:

  • D. Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, Director do Museo do Gravado.
  • Actuación musical de Alba Tubío (saxofón) e Juan Pérez Ortega (piano).
  • D. Javier Expósito, Vicepresidente da FMAG.
  • D. José Manuel López Vázquez, Catedrático de Historia da Arte na USC. Presentación do catálogo Atlante. XIII Premio de Gravado.
  • D. Alfonso Costa, pintor e gravador, en representación do xurado fai lectura da acta do XIII Premio Atlante de Gravado.
    13.30 h. ENTREGA DE PREMIOS
    Premio Atlante: D. Ramiro Carregal Rey
    FRANCISCO DE SANTOS MORO (Madrid)
    RECOLLE: Francisco de Santos
    ENTREGA: D. Ramiro Carregal Rey
    Intervención do galardoado
    Premio Atlante
    YOLANDA CARBAJALES FERREIRO (Pontevedra)
    RECOLLE: Yolanda Carbajales Ferreiro
    ENTREGA: D. Anxo Lorenzo Suárez (Secretario Xeral de Cultura)
    Intervención da galardoada
    Premio Atlante
    VINICIUS SORDI LIBARDONI (Polonia)
    RECOLLE: en representación, D. Santiago Freire Abeijón (alcalde de Noia)
    ENTREGA: Dna. María Sampedro Fernández (Tenente de alcalde de Ribeira)
    Intervención do galardoado a través de webcam
    Premio Atlante
    ELISABETTA GOMIRATO (Italia)
    RECOLLE: en representación, Dna. Teresa Villaverde (alcaldesa de Lousame)
    ENTREGA: D. Javier Expósito Paradela
    Intervención da galardoada a través de webcam
    Premio Atlante: Premio Galicia – Pedras de Santiago
    NEREA CORDEIRO CERVIÑO (A Coruña)
    RECOLLE: Nuria Cordeiro Cerviño
    ENTREGA: Emilio Santasmarinas (Sancosa S. A)
    Intervención da galardoada
    Mencións de honra
    (reciben diploma que entrega D. Xoán Pastor Rodríguez Santamaría)
    Javier ABAD ALONSO (Madrid)
    Federica BAU (Bilbao)
    Manuel LAREO (A Coruña)
    Yolanda DORDA (A Coruña)
    Pecharán
  • D. RAMIRO CARREGAL REY, discurso institucional.
    D. ANXO LORENZO SUÁREZ, secretario xeral de Cultura, discurso institucional.
  • Dna. MARÍA SAMPEDRO FERNÁNDEZ, Tenente de alcalde e concelleira de Cultura
    de Ribeira fai entrega dos cartafoles cos gravados gañadores ás autoridades presentes e
    representantes dos Concellos da Comarca e discurso institucional.
    Actuación musical de Alba Tubío (saxofón) e Juan Pérez Ortega (piano).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.