“Residuos nucleares na foxa Atlántica, menos perigosa ca pesca de fondo?”. Antón Luaces

18 Setembro 2022

Daquela España non estaba na CEE (hoxendía Unión Europea) e á Comunidade Económica Europea importáballe un pito que países europeos guindaran ao mar na coñecida como Foxa Atlántica (perto dun caladoiro moi coñecido polos pesqueiros galegos) milleiros de toneladas de residuos nucleares, lixo absolutamente perigoso tanto para a fauna e a flora mariñas como para os humanos.

Foron, segundo as apreciacións de distintas organizacións non gobernamentais (ONG) non menos de 140.000 toneladas de lixo atómico as que, dende o ano 1949 ata o 1983, cargueiros europeos -maioritariamente holandeses- depositaron nos fondos mariños atánticos do suroeste galego- A non moita distancia buques da Armada española quixeron contribuir a emporcar eses mesmos fondos mariños vertendo munición de guerra  inservible pero altamente contaminante para os mesmos afectados polos residuos nucleares: persoas, peixes, mariscos e animais mariños e flora mariña.

Eses  verquidos foron paralizados grazas á campaña de denuncia protagonizada inicialmente polo palangreiro de Ribeiro “Xurelo”, patroneado polo inesquecible Anxel Viña. A bordo, mariñeiros, xornalistas e políticos de Esquerda Galega, que poideron constatar como Europa enmerdaba os mares que tanto necesitaban os pesqueiros galegos, na práctica os únicos que faenaban na zona. Ao ano seguinte, outros pesqueiros galegos e un barco ecoloxista poideron documentar que a Comisión Económica Europea (repito: hoxe Unión Europea) limpaba o seu lixo nuclear a costa dos pobriños galegos, que carecían de medios e sistemas que lles permitisen denunciar con todo o dereito do mundo unha actitude que o club de nación da CEE prohibía no seu seo, pero que non impedía no radio de interese económico e social dos países circundantes, caso de España.

A denuncia provocou un gran escándalo mundial: a “limpa” Europa afogando o Atlántico con merda nuclear; e a púdica España, vertendo no mesmo océano o lixo que non quería gardar en  territorio militar.

Corenta e un anos máis tarde -que se cumpriron o pasado día 15 de setembro- gardamos memoris do “Xurelo”, Anxel Viña e os mariñeiros, xornalistas e políticos que ían a bordo do palangreiro de Ribeira. Sabemos, 41 anos máis tarde dos feitos relembrados, cal é o estado dos verquidos feitos por Europa e España no fondo atlántico galego?.

Certo: España pasou en 1986 a formar parte da actual Unión Europea. Caladiños estamos millor?.

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.