Amicos celebra a chegada do verán cunha gran festa

20 Xuño 2019

20190620. Mañá comeza oficialmente a estación do verán e, por iso, desde a asociación Amicos queren darlle a benvida organizando unha gran festa en familia que terá lugar no Centro de Atención Intregral Amicos situado en Comoxo, no municipio de Boiro.

A primeira actividade está prevista para as 10.30 horas, na que familias e usuarios realizarán o último tramo do Camiño de Santiago e partirán en furgonetas desde o Centro de Atención Integral Amicos. Ás 11.00 horas comezarán os patios dinámicos, para todos aqueles que non vaian ao camiño e queiran desfrutar xogando. Despois, ás 12.00 horas, desenvolveranse diferentes talleres para incorporarse na época estival.

Chegado o momento do xantar, ás 14.30 horas, desfrutarase dunha sardiñada para, ás 15.30 horas, comezar a cantar e a bailar ao son dun grupo de música que se encargará de amenizar a xornada da tarde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...