“Por quen repenican as campás” – Antón Luaces

12 Setembro 2022

En Ribeira, aló polos anos 50-60 do século pasado, cando morría alguén había dous sistemas para saber máis do acontecido: Alvino, sancristán e, ao dicir de Moncho Mocas (Ramón Liñayo Iglesias, que en paz descanse) “campaneiro maior do reino”, que se encargaba de pregoar co repenique das dúas campás -a grande e a pequena- da igrexa parroquial que había un morto na cidade, e Tomasa e Manuela de Xuño que, xuntas ou por separado, percorrían Ribeira dende a fonte de Padín ata O Touro dando máis datos sobre o feito: “Mañá, ás cinco da tarde, funeral por Fulanito de Tal na igrexa parroquial. A continuación, enterro no cemiterio de Fafián. A súa esposa, Menganita, e os seus fillos agradecen a asistencia”. Así, por todas as rúas e casas, co que dificilmente, a veciñanza non se enteraba do suceso.

Após de toda esta información, o complemento era o toque a defuntos a cargo de Alvino, o amo das campás, que repenicaba coma ninguén. O son destas campás semellaba distinto a medida que se achegaba a hora do enterro, máis espaciados e un chisco máis fúnebres os toques. Era todo un arte, tanto o repenicar das campás como o anuncio de Tomasa e Manuela, dúas mulleres permanentemente enloitadas como se gardaran loito constante polos finados en Ribeira.

Veume á memoria este feito -que non é exclusivo de Santa Uxía- por canta información se ten divulgado dende o pasamento da raíña Isabel II, do que todos os medios de comunicación en España e case que todo o mundo se fan eco e así ata as exequias desta muller que adicou 70 años da súa longa vida a reinar no amplo territorio do Reino Unido, a Commonwealt. E ao mesmo tempo, ese constante e tristeiro son das campás que sobrecolle a calquera,

Á súa vez, ese repicar permanente de campás trouxo á memoria o libro que, en 1940, publicara o escritor e xornalista Ernest Hermingway, For Whom the Bell Toll? (Por quen repenican as campás?) baseándose no por el vivido como participante na guerra civil española en calidade de correspondente. A obra, moi coñecida, ten á morte como tema central xa que logo a práctica totalidade dos personaxes dan conta das súas propias mortes nun relato que reflicte o por cada quen vivido na súa propia circunstancia.

En Ribeira, naqueles anos de mediados do século pasado os principais relatores do acontecer familiar eran Manuela e Tomasa de Xuño, e o sancristán Alvino, “campaneiro maior do reino”. Hoxendía, a máis das esquelas nos xornais, están a publicación nas esquelas da praza do peixe e as dalgunhas emisoras locais de radio. Nada en comparanza col que publicitan os medios internacionais en relación co pasamento da raíña Isabel II de Inglaterra, a quen Deus acolla no seu seo.

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.