Chega a IV Andaina 25 Km do Barbanza: un percorrido polas xoias paisaxísticas de Rianxo

26 Agosto 2022

O Club de Montaña Vintedouspés, en colaboración co Servizo de Deportes do Concello de Rianxo, organiza a IV Andaina de 25 km do Barbanza, incluída no VII Open Andainas de Regularidade de Galicia. A cita é o 2 de outubro e percorrerá camiños do concello de Rianxo.

Hai dous percorridos distintos:

Andaina 25 km

Dificultade Media

Duración estimada 5 h

Percorrido Circular con saída desde a área recreativa de Campo Maneiro, na parroquia de Taragoña, para dirixirse ao Pico Muralla, cunha fermosa panorámica da ría de Arousa e iniciar o descenso ata o punto de orixe pasando por Ourille e o Castro Barbudo.

Andaina 15 km

Dificultade Media

Duración estimada 3 h

Este percorrido coincide na súa maior parte coa andaina de 25 km, pero non chega ata o Pico Muralla, un pouco mais alá de Ourille se inicia o descenso ata pasar polo Castro Barbudo e chegar ao Campo Maneiro, que é o punto de orixe.

Inscricións

A través de emesports.es.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.