Pilotos de Noruega, Portugal e España sorprenderán coas súas exhibicións na “IV Concentración Moteira dos Reventapistóns”

25 Agosto 2022

O motoclub Os Reventapistóns vai celebrar entre o 16 e o 18 de setembro a cuarta edición da súa Concentración Moteira: unha iniciativa presentada este mediodía na casa consistorial nun acto que contou coa presenza e participación do concelleiros María Sampedro e Javier Sampedro e máis Aurosa Gómez e Sandra Hermo como integrantes do citado colectivo de afeccionados ás motocicletas.
A cita, cuxo punto de quedada estará xunto á praia de Coroso, arrancará na medianoite do venres 16 cunha sesión DJ con Planet Discomovil que estará amenizada por DJ Matrek e DJ Mateo Abelleira. Xa o sábado ás 12.30 horas haberá unha sesión vermú con mexillonada, empanadas e mercadillo moteiro amenizada polo grupo Drippers de Nando Jon. Ás 15.30 horas terá lugar unha carreira de coches por radiocontrol e unha hora máis tarde unha exhibición do catro veces campión de Portugal Acuko André.
A partir das 17.30 horas terá lugar unha ruta mototurística ata Boiro con parada en Abadía de San Enrique e ás 20 unha primeira exhibición de freestyle polos grandes pilotos Stig Frøsth (Noruega), Diogo Ribeiro (Portugal) e Adrián Garrido (España). Tras un show con lavamotos, os inscritos terán oportunidade de desfrutar dunha cea a cargo de Catering Arelas e a partir das 23 horas haberá unha ruta con
antorchas polos compañeiros caídos. Media hora despois desenvolverase o segundo pase da exhibición de freestyle antes de dar paso á medianoite a unha sesión DJ con DJ Sonic, DJ Josy Graver e DJ Xiba.
Por último, na sesión do domingo e tras un almorzo dos inscritos, terá lugar unha ruta mototurística con pinchada popular no Malecón e unha comida para finalizar ás 15.30 horas cun acto de reparto de
premios.
A concentración ten un límite máximo de inscritos de 200 persoas,aínda que por experiencias pasadas a concentración podería chegar a aglutinar ata unhas 3.000 motos se o tempo acompaña.

María Sampedro felicitou aos Reventapistóns por esta iniciativa e animou á entidade a que a facela seguir medrando.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.