Mércores aumento das nubes e baixa das temperaturas
23 Agosto 2022
Galicia quedará en terra de ninguén, cos centros de acción afastados de nós e cunha valgada en capas altas achegándose polo Atlántico que vai ser determinante no tempo, provocando un aumento da inestabilidade atmosférica. Así, teremos ceos alternando nubes e claros con bancos de néboa matinais no interior. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios ou en lixeiro ascenso, pero as máximas terán un lixeiro a moderado descenso, máis acusado canto máis ó oeste. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos no interior, moderados no litoral.
Temperatura do aire (°C)
MINMAX 17° 32°
Temperatura da auga (°C)
15°
Índice ultravioleta máx.
7
meteogalicia
O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 3 a 4 á mañá, 5 a 6 á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.
A retirada do anticiclón cara ao sur deixará choivas febles na metade oeste e un ascenso xeral das temperaturas A estabilidade meteorolóxica dos últimos días perderá pulo este domingo co paso dunha fronte polo norte de Galicia. O lixeiro desprazamento do anticiclón...
Na madrugada do sábado 24 ao domingo 25 de outubro haberá que atrasar os reloxos unha hora: ás 03:00 h volverán ser as 02:00 h. España entra este fin de semana no horario de inverno. Durante a madrugada do sábado 24 ao domingo 25 de outubro terá lugar o habitual...
O predominio da influencia anticiclónica manterá o tempo seco, aínda que o vento do suroeste deixará refachos fortes no litoral de Bares a partir do mediodía Galicia vivirá unha xornada marcada por unha situación meteorolóxica intermedia entre altas e baixas presións,...
A comunidade quedará nunha situación intermedia con alternancia de nubes e claros, chuvascos ocasionais no norte e temperaturas sen cambios significativos. Tras o episodio adverso que mantivo en alerta o litoral galego, a comunidade atoparase este venres nunha...
Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...
Aos seus 21 anos e durante o acto de entrega dos premios "Princesa de Asturias", esta (actual titular desa distinción) amosou o "desencanto e falta de expectativas" por parte da xuventude. A princesa Leonor, nun discurso no que se evidenciou a conexión cos seus pais,...