A Xunta amplía a “prealerta por escaseza” de auga que inclúe os sistemas da bacía do Tambre (Santiago) e dos ríos que desembocan na ría de Muros-Noia 

19 Agosto 2022

A Xunta ampliou hoxe a “prealerta por escaseza” de auga á bacía do río Tambre e do río Grande ante o drástico descenso dos caudais nesta primeira quincena do mes de agosto.

Os subsistemas de Zamáns e Bahíña presentan unha situación equivalente ao do resto de sistemas en prealerta aínda que o conxunto do sistema ao que pertencen mantense en normalidade segundo os indicadores valorados. Polo que se insta aos xestores de abastecemento destas zonas a tomar as mesmas medidas de aforro e contención do consumo que no resto de sistemas en alerta.

O xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, presidiu hoxe unha nova xuntanza da Oficina Técnica da Seca, integrada tamén por Protección Civil, Meteogalicia e a Consellería do Medio Rural.

Na reunión tratouse polo miúdo a activación da “prealerta por escaseza” na zona correspondente ao sistema de explotación da bacía do río Tambre e do resto de ríos que desembocan na ría de Muros-Noia, así como na conca do río Grande e dos ríos que desembocan na ría de Camariñas e na costa de Cabana, Laxe e Muxía.

Todas as zonas de prelaerta comparten a característica de non dispor de grandes encoros de abastecemento e, polo tanto, nas que os sistemas de abastecemento se nutren desde os propios ríos ou desde pozos ou mananciais.

Por outra banda na reunión abordouse a necesidade de dar un tratamento equivalente á prealerta por escaseza aos subsistemas dos ríos Bahíña e Zamáns, pese a que o sistema ao que pertence continúa amosado normalidade segundo os indicadores establecidos no plan.

Deste xeito, os indicadores calculados a partir dos datos rexistrados durante esta primeira quincena do mes de agosto amosan que, de empeorar a situación, o abastecemento destas zonas podería verse comprometido polo que os concellos afectados deben tomar xa medidas aforro e contención das demandas de auga, en prevención desa posibilidade.

Ao considerar todos os factores expostos, a Oficina Técnica da Seca acordou a activación da prealerta por escaseza, co establecemento dos mecanismos de coordinación necesarios entre as administracións locais e a Xunta para xestión da situación e a previsión doutras posibles medidas a adoptar, no caso de rexistrarse un eventual empeoramento.

Na xuntanza ratificouse tamén a continuidade da prealerta por escaseza na conca do río Lérez e do río Anllóns.

No resto dos sistemas da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa mantense a situación de “seca prolongada”.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.