O mércores empeza con choiva para dar paso a nubes e claros

16 Agosto 2022

O mércores, Galicia continuará baixo os efectos da borrasca situada sobre o Cantábrico, que se irá movendo cara a Francia deixando un corredor de ventos de compoñente norte.

Este mércores o ceo estará parcialmente nubrado con chuvascos, máis frecuentes cara ao nordés da Comunidade, que irán remitindo ao longo da xornada. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso e as máximas quedarán sen cambios significativos ou con lixeiros ascensos no suroeste. O vento soprará do norte e noroeste, con intervalos fortes no extremo norte pola mañá.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 3 a 5 á mañá e á noite e 5 a 6 á tarde. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar02:220.8 m
Preamar08:333.3 m
Baixamar14:360.9 m
Preamar20:543.4 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar02:140.8 m
Preamar08:263.3 m
Baixamar14:281.0 m
Preamar20:483.3 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar02:170.8 m
Preamar08:303.3 m
Baixamar14:320.9 m
Preamar20:513.4 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.